A escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas é María Victoria Moreno.
Premendo na imaxe pódese acceder a algunhas actividades fotocopiables e a outras para traballar dixitalmente sobre a autora publicadas pola Real Academia Galega.
Conto de Carlos Casares adaptado con pictogramas e lido polas alumnas da aula de Educación Especial do colexio Compañía de María, con música de Berrogüetto.
Neste vídeo, o alumnado do IES Carlos Casares de Vigo fai unha adaptación musical do conto "A galiña azul" de Carlos Casares, poñéndolle a melodía das canción das cuncas.
Curtometraxe que trata sobre como unha mestra de Ed. Primaria, inicia unha aventura educativa sobre a figura de Manuel María. O obxectivo é elaborar unha canción biográfica sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.