14.5.10

WEBQUEST LETRAS GALEGAS

Preme na imaxe para acceder a esta webquest creada no CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos) para nenos e nenas de 1º, 2º e 3º ciclo de Primaria.


POEMAS DE OUTONO

O poema de Uxío "Fontiña do Caravel" cantado polo coro "Solo voces" foi enviado dende o CPI Luis Díaz Moreno de Baralla.

11.5.10

ESCOLMA POÉTICA

Dende a biblioteca O Segrel do Penedo en Fene chéganos esta escolma poética de Uxío Novoneyra.

UXÍO NOVONEYRA E A FLORA DO CAUREL

Esta presentación é un homenaxe a Novoneyra a través da flora do Caurel elaborada no IES de Arzúa.

9.5.10

FOLLARASCA DE UXÍO NOVONEYRA

Os poemas de Uxío agora en follas de castiñeiro e de carballo por cortesía do IES Pedra de Aguía (Camariñas) e do IES de Fene (A Coruña) .

7.5.10

MÁIS ACTIVIDADES SOBRE UXÍO NOVONEYRA

Recursos didácticos para todos os niveis dende infantil ata sexto de primaria, elaboradas polo ENL do Ceip A Laxe de Marín.

UXÍO E OS SEUS POEMAS

Esta é unha selección de 15 poemas para recitar, feita polo EDNL do Ceip Quintela de Moaña.

NOVONEYRA EN CALIGRAMAS

No CPI Progreso de Catoira déronlle forma ás frases, pequenos poemas e pensamentos de Novoneyra quedando como resultado esta xeitosa selección de caligramas.

ISSUU DE UXÍO NOVONEYRA

Nesta presentación atoparás datos biográficos e bibliográficos do homenaxeado este ano o 17 de maio.



17.4.10

A PRINCESA DO CAUREL

Os nenos e nenas do EEI Tarrío - Samieira gravaron este conto "A princesa do Caurel" coa súa profe Belén Velasco

ACTIVIDADE PARA 2º E 3º CICLO

Actividade LIM elaborado polo profesorado do Ceip Frian de Teis baseado no conto de Uxio Novoneyra titulado Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín para 2º e 3º ciclo.

ACTIVIDADE PARA INFANTIL E 1º CICLO

Actividade LIM elaborada polo profesorado do Ceip Frian de Teis baseada no conto de Uxio Novoneyra titulado Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín para infantil e o 1º ciclo.

OS TRABALLOS E OS DÍAS DE UXÍO NOVONEYRA

Do CPI de Dices (Rois) e o CPI da Baña chéganos o seguinte vídeo sobre a figura do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

3.4.10

ACTIVIDADES LIM UXÍO NOVONEYRA

Dende o Ceip Condesa de Fenosa chégannos estas actividades LIM para traballar e coñecer mellor a Uxío Novoneyra. Preme na imaxe e terás acceso a todas estas actividades.

WEBQUEST UXÍO NOVONEYRA

Esta webquest sobre Uxío Novoneyra foi elaborada polo Ceip de Andrade para o 3º ciclo de primaria. Preme na imaxe e segue as instruccións.

LETRAS GALEGAS 2010



Premendo no seu nome, no apelido e na foto atoparás enlaces de interés para traballar e coñecer mellor a este gran poeta galego.

Nesta páxina atoparás algunhas actividades moi interesantes

DOCUMENTOS E ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR

ACTIVIDADES EN LIÑA

SE QUERES ESCOITAR ALGÚN POEMA DE UXÍO NOVONEYRA PREME NOS VIDEOS






SELECCIÓN DE POEMAS DO IES RIBEIRA DO LOURO