10.5.14

ACTIVIDADES ARDORA DÍAZ CASTRO

Preme na imaxe de Díaz Castro para acceder a unhas actividades Ardora elaboradas pola Biblioteca Escolar do CEIP Mestre Valverde Mayo, Sanguiñeda.

TRÍPTICO DÍAZ CASTRO



Preme na imaxe da dereita e accederás a un tríptico informativo sobre o homenaxeado nas Letras Galegas,  elaborado pola Biblioteca Escolar en colaboración co EDLG do CEIP ADR Castelao Rianxo.

PRESENTACIÓN DÍAZ CASTRO

Presentación sobre a vida e obra de Xosé Mª Díaz Castro realizada por Elvira Roíz do IES Concepción Arenal


6.5.14

LETRAS GALEGAS 2014

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) recompilou moitas actividades  ás que poderás acceder premendo na seguinte imaxe:


O NENO E A ESTRELA

Conto editado polo colectivo Fabaloba sobre Díaz Castro de pequeno baseado no seu poemario NIMBOS. Preme na imaxe para acceder ao conto en versión dixital.




1.5.14

POEMA MUSICADO DE DÍAZ CASTRO

Fuxan os Ventos ven de colgar no seu facebook o poema musicado de X. M. Díaz Castro "Penélope", con voz do propio poeta., música de Xoán Fuertes Saavedra e interpretado polo grupo Fuxan os Ventos.

LIM DÍAZ CASTRO

Dende a Biblioteca do Ceip Mallón chéganos este LIM para Educación Infantil. Clica na imaxe para acceder a el.