29.4.14

CON DÍAZ CASTRO

Video elaborado por Paco Nogueiras Nodar.
 

26.4.14

DOCUMENTAL DÍAZ CASTRO

No ano 1987 a produtora de vídeo Ophiusa acompaña a Díaz Castro polos lugares emblemáticos do seu proceso vital e creativo. Nimbos de poesía é o resultado desta viaxe ao mundo do autor.



23.4.14

TELEXORNAL DÍAZ CASTRO

O xoves 10 de abril, máis de 30 centros puideron seguir ao vivo o Telexornal Díaz Castro que coordinou o profesor Luis Aldegunde dende o CPI Os Dices de Rois. Dende aquí a nosa noraboa polo seu bo facer e grazas por compartilo con nós.

22.4.14

IES JOHAN CARBALLEIRA

 Dende o IES JOHAN CARBALLEIRA chégannos máis materiais para poder afondar e coñecer a vida de Xosé María Díaz Castro. Grazas por compartilos.

 http://www.blogoteca.com/bouenxebre/

11.4.14

O IES POETA DÍAZ CASTRO CANTA "ESA LUS"

"ESA LUS" é a nova canción creada dende o IES Poeta Díaz Castro para conmemorar o ano do autor dos Vilares. 

10.4.14

LETRAS GALEGAS 2014

Este ano 2014 o Día Das Letras Galegas estará dedicado ao poeta  Xosé María Díaz Castro, conmemorando así o centenario do seu nacemento en Lugo alá polo ano 1914.

Aquí poderedes atopar información sobre este autor galego, así como recursos para traballar na aula para achegarnos un pouco a coñecer a súa vida e obra literaria.


PASAPREGUNTA DE DÍAZ CASTRO



            

TEST SOBRE DÍAZ CASTRO


PASAPALABRA



 






Máis información na seguinte ligazón:
http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro#Secundaria