24.4.21

ACTIVIDADES DO SEMINARIO GALÁN

 Xa están a nosa disposición as actividades do Seminario Galán sobre Xela Arias, homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas.



A PALABRA ESGAZADA

 A palabra esgazada é unha serie documental da Real Academia Galega sobre Xela Arias composta de 6 capítulos breves que percorren distintos aspectos da vida e obra da autora.



PRIMAVERA DAS LETRAS DE XELA ARIAS

 A Real Academia Galega presenta a edición do proxecto PRIMAVERA DAS LETRAS dedicado a Xela Arias no CEIP Sárdoma-Moledo de Vigo, onde estudou a poeta, tradutora e editora.

 


 

 

LOIS ARIAS CASTAÑO

 Lois Arias Castaño, irmán de Xela Arias, le un fragmento do conto " A fraga dos paxaros faladores e a faga leopardicia". O relato foi escrito por Xela aos once anos e mereceu o 1º premio do VI Concurso de Contos Infantís O Facho (1973)



VIDA E OBRA DE XELA ARIAS CASTAÑO

 O alumnado de 5º de primaria do Colexio San Pio X de Ourense fai un repaso pola vida e obra de Xela Arias Castaño



CANCIÓN XELA ARIAS POR SAMUEL SOTO

Homenaxe musical de Samuel Soto a Xela Arias: