24.4.21

ACTIVIDADES DO SEMINARIO GALÁN

 Xa están a nosa disposición as actividades do Seminario Galán sobre Xela Arias, homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas.



A PALABRA ESGAZADA

 A palabra esgazada é unha serie documental da Real Academia Galega sobre Xela Arias composta de 6 capítulos breves que percorren distintos aspectos da vida e obra da autora.



PRIMAVERA DAS LETRAS DE XELA ARIAS

 A Real Academia Galega presenta a edición do proxecto PRIMAVERA DAS LETRAS dedicado a Xela Arias no CEIP Sárdoma-Moledo de Vigo, onde estudou a poeta, tradutora e editora.

 


 

 

LOIS ARIAS CASTAÑO

 Lois Arias Castaño, irmán de Xela Arias, le un fragmento do conto " A fraga dos paxaros faladores e a faga leopardicia". O relato foi escrito por Xela aos once anos e mereceu o 1º premio do VI Concurso de Contos Infantís O Facho (1973)



VIDA E OBRA DE XELA ARIAS CASTAÑO

 O alumnado de 5º de primaria do Colexio San Pio X de Ourense fai un repaso pola vida e obra de Xela Arias Castaño



CANCIÓN XELA ARIAS POR SAMUEL SOTO

Homenaxe musical de Samuel Soto a Xela Arias:


7.5.20

ACTIVIDADES CARVALHO CALERO

Traballo realizado polo alumnado de 5º de primaria do Colexio San Pío X de Ourense. Trátase dun vídeo narrado coas súas propias voces e que conta a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero. Levaon a cabo esta iniciativa coa colaboración do Seminario Galán, que lless facilitou textos e información e as ilustracións foron feitas por Carlos Gallego Domínguez.


Tamén fixeron un xogo de comprensión para repasar aspectos fundamentais do autor. Chámase Don Ridardo e simula unha partida de dardos.

SEMINARIO GALÁN CARVALHO CALERO

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

RICARDO CARVALHO CALERO ESCAPE

Xogo de escape creado por Kyara8 para os máis pequenos do cole. Grazas por compartir. 

20.5.19

ANTÓN FRAGUAS EN LINGUA DE SIGNOS

Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Antonio Fraguas, a Universidade de Vigo, en colaboración co Seminario Galán, vén de editar unha serie de videos en lingua de signos, dirixidos ao alumnado de infantil e primaria, sobre a vida e obra do autor.
Este material didáctico, interpretado por María Bao e Inmaculada Báez como xestora de produción. Preme na imaxe para acceder á ligazón:
https://tv.uvigo.es/series/5cd4339c8f42088926c06291

 

26.4.19

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano o autor homenaxeado nas Letras Galegas é o escritor, etnógrafo, antropólogo e historiador ANTÓN FRAGUAS.
Como cada ano o SEMINARIO GALÁN ofrécenos unha serie de variadas e entretidas actividades para coñecer mellor a vida e obra deste autor.
Preme na imaxe para acceder as actividades fotocopiables ou en liña:

https://primaveradasletras.gal/


1.7.18

AS LETRAS GALEGAS NA PEDRA 2018

Preme na imaxe para acceder ás actividades do CEIP P. A Pedra
Preme nas imaxes para acceder ás actividades das Letras A Pedra

11.5.18

"ANAGNÓRISE" A BANDA DA LOBA

 Co gallo de festexar o Día das Letras Galegas 2018, a Banda da Loba creou este novo tema, inspirado na novela "Anagnórise" de María Victoria Moreno
"Compartimos así con vós o noso mundo, a nosa procura vital destes últimos meses e tamén homenaxeamos a esta autora que limos de nenas e que nos inspirou coa súa novela para despregar as ás, voar e contruír este universo."

9.5.18

VIDA E OBRA MARÍA VICTORIA MORENO

Un breve repaso á vida e obra de Mª Victoria Moreno Márquez narrado polo alumnado de 5º do Colexio San Pio X de Ourense.

29.4.18

WEB A FIESTRA DA MESTRA

Tarefas e actividades imprimibles creadas pola Fiestra da Mestra nunha web á que se pode acceder clicando nesta imaxe.

Letras 18